viernes, 21 de febrero de 2014

Alquenos

Os alquenos son hidrocarburos que conteñen enlaces dobres carbono-carbono. Emprégase frecuentemente a palabra olefina como sinónimo. 

Os alquenos abundan na natureza. O eteno, é un composto que controla o crecemento das plantas, a germinación das sementes e a maduración dos froitos.

Os alquenos noméanse reemplazando a terminación -ano do correspondente alcano por -eno. Os alquenos máis simples son o eteno e o propeno, tamén chamados etileno e propileno a nivel industrial.


  • Regra 1.- Elíxese como cadea principal a de maior lonxitude que conteña o dobre enlace. A numeración comeza no extremo que outorga ao dobre enlace o menor localizador.

nomenclatura-alquenos

  • Regra 2.- O nome dos sustituyentes precede ao da cadea principal e acompáñase dun localizador que indica a súa posición na molécula. A molécula se numera de modo que o dobre enlace tome o localizador máis baixo.

nomenclatura-alquenos

  • Regra 3.- Cando hai varios sustituyentes ordénanse alfabéticamente e acompáñanse dos seus respectivos localizadores.

nomenclatura-alquenos

  • Regra 4.- Cando o dobre enlace está á mesma distancia de ambos extremos, se numera para que os sustituyentes tomen os menores localizadores.

nomenclatura-alquenos

  • Regra 5.- En compostos cíclicos resulta innecesario indicar a posición do dobre enlace, posto que sempre se atopa entre as posicións 1 e 2.

nomenclatura-alquenos

Cada anel ou ciclo dunha molécula implica a perda de dúas hidrógenos respecto de un alcano de fórmula CnH2n 2. Denomínase grado de insaturación ao número de ciclos e dobres enlaces presentes nunha molécula..


Debido a que os alcanos conteñen o máximo número posible de enlaces carbono-hidrógeno, dise deles que son hidrocarburos saturados. Alquenos e compostos cíclicos son hidrocarburos insaturados.
Butano: hidrocarburo saturado2-buteno: hidrocarburo insaturado
O número total de enlaces π e ciclos nunha molécula se donomina grado de insaturación.


Grado de insaturación en compostos que continenen halógenos, osíxenos e nitrógenos:

Halógenos: Sumar o número de halógenos ao número de hidrógenos.
Osíxenos: Ignorar os osíxenos.
Nitrógenos: Restar o número de nitrógenos do número de hidrógenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario