miércoles, 29 de enero de 2014

Enlace metálico

Que é o enlace metálico?

É o enlace que se dá entre elementos de electronegatividades baixas e moi parecidas, nestes casos ningún dos átomos ten máis posibilidades que o outro de perder ou gañar os electróns. A forma de cumprir a regra de octeto é mediante a compartición de electróns entre moitos átomos. Créase unha nube de electróns que é compartida por todos os núcleos dos átomos que ceden electróns ao conxunto..
Este tipo de enlace prodúcese entre elementos pouco electronegativos (metais).

Os electróns que se comparten atópanse deslocalizados entre os átomos que os comparten.
  • Que mantén a unión?

A forza de atracción entre as cargas positivas dos núcleos e as cargas negativas da nube de electróns.
  • As propiedades deste enlace son:

  1. Temperaturas de fusión e ebullición moi elevadas. Son sólidos a temperatura ambiente (excepto o mercurio que é líquido).
  2. Bos condutores da electricidade (nube de electróns deslocalizada) e da calor (facilidade de movemento de electróns e de vibración dos restos atómicos positivos).
  3. Son dúctiles (facilidade de formar fíos) e maleables (facilidade de formar láminas) ao aplicar presión. Isto non ocorre nos sólidos iónicos nin nos sólidos covalentes dado que ao aplicar presión nestes caso, a estrutura cristalina rómpese.
  4. Son en xeral duros (resistentes ao rayado).
  5. A maioría se oxida con facilidade.

  • As aleacións:


As aleaciones fórmanse da combinación dun metal máis outro metal. A aleación de dous metais é de gran importancia xa que é unha das principais formas de modificar as propiedades dos elementos metálicos puros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario