miércoles, 9 de octubre de 2013

Química básica

Ola, chámome Lucía e vouvos a dar unha serie de informacións neste blog.
Este blog vai tratar de informacións a cerca de quimica e todo o relacionado con esta ciencia, que para algúns é tan complexa. Aqui vouvos a mostrar enlaces de documentos que vos pondrian ser de axuda xunto con videos e outra informacións. 
Agora xa informados de como vai ser este blog, comezamos.








                  O MAIS BÁSICO DA QUÍMICA


A Química é a ciencia que estuda a materia e as súas transformacións. A Física ocúpase da 
enerxía e as súas transformacións. A Fisicoquímica abarca o estudo das interaccións entre 
a materia e a enerxía, e explica os principios que rexen as transformacións da materia 
coñecidas como reaccións químicas, mediante o estudo das propiedades físicas das 
sustancias e do efecto dos cambios físicos sobre as reaccións. 



                   MATERIA 

Materia é todo aquilo que ocupa lugar no espazo e posúe masa. Todos os sistemas 
materiais están formados por átomos e moléculas. As moléculas son átomos unidos entre si 
mediante enlaces químicos. Á súa vez, os átomos están constituídos por partículas consideradas 
indivisibles: protones, neutrones e electróns. 
Nos compostos químicos únense átomos de máis dun elemento, para formar moléculas ou 
ben para formar estruturas infinitas, como é o caso dos polímeros. 



                 ÁTOMOS 

Os átomos están constituídos por un núcleo central e electróns, de carga negativa, que viran 
ao redor del. Á súa vez o núcleo está formado por protones, de carga positiva, e neutrones, 
que non posúen carga. O átomo é neutro, polo tanto o número de protones é igual ao número 
de electróns. En xeral a masa dun átomo é aproximadamente a masa do núcleo, pois a 
masa do electrón é 1840 veces menor que a masa do protón. A masa do neutrón é 
aproximadamente igual á masa do protón. 
En canto ao tamaño do átomo, este é máis ou menos 10 000 veces menor que o tamaño do 
núcleo, polo tanto case todo é baleiro. 
Cada elemento químico está caracterizado polo número de protones que teñen os seus átomos. 
Este número denomínase número atómico Z.

1 comentario: